InicioOccidentalXovePresentación do libro sobre os cruceiros no Concello de Xove

Presentación do libro sobre os cruceiros no Concello de Xove

O libro estará a disposición de cada domicilio do Municipio de Xove. Así, calquera membro da unidade familiar poderá achegarse polas instalacións da Casa Consistorial a recoller o seu exemplar.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove presentou a súa última publicación, o libro Cruceiros, Cristo e Cruces do Concello de Xove, un exhaustivo estudio sobre estas figuras do noso patrimonio etnográfico. A obra está escrita por Mario Saavedra Pérez, mestre de profesión, cunha longa experiencia no traballo de campo. Como etnógrafo é integrante do Proxecto Carboeira, o cal ten como obxecto a localización, inventario e catalogación dos cruceiros da comarca da Terra Cha. Dende hai anos realiza o mesmo labor de estudio e catalogación nos municipios da Mariña, tendo xa efectuado a catalogación dos cruceiros dos Concellos de Alfoz, Ourol, Valadouro, Mondoñedo e Xove.

A obra achéganos á figura dos Cruceiros e recolle un interesante catálogo co único cristo, as dezaseis cruces e os oito cruceiros inventariados no territorio de Xove. Recolle lendas e historias tanto dos que están, como daqueloutros que xa desapareceron.

O libro estará a disposición de cada domicilio do Municipio de Xove. Así, calquera membro da unidade familiar poderá achegarse polas instalacións da Casa Consistorial a recoller o seu exemplar.

Ábrese tamén a posibilidade dunha ruta guiada polo autor, que se celebrará o próximo verán, para visitar estas obras do noso patrimonio. As persoas interesadas poden preguntar no Departamento de Investigación Social do Concello.    

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...